O grupo de consumo consciente Zocamiñoca da Coruña organiza as I Xornadas de Consumo Consciente. Tal e como el@s contam: “Levamos un tempo intentando impulsar unha iniciativa deste tipo na cidade herculina e agora organizamos unhas xornadas que terán lugar no Kiosko Alfonso os días 26, 28 e 29 de novembro. Nestas xornadas pretendemos presentarnos ante a sociedade e iniciar o proceso de constitución dunha cooperativa que teña como pilares o consumo responsábel e consciente. Para asistir non é necesaria preinscripción
Durante eses días estará con nós Eric Holtz, gran coñecedor do sistema mundial de produción de alimentos, proxectaremos unhas curtas e falaremos de cooperativismo e as súas posibilidades para conseguir unha alternativa de consumo que ligue o máis directamente posíbel as consumidoras coas produtoras, fomente a economía local e de cercanía, a xustiza social, a soberanía alimentaria, o eco-lóxico, etc.”


Ola, gustaria de recibir info do que vaiades organizando e transmitindo á sociedade. Eu fago as video-reportaxes en http://www.anosaterra.org no paratado ANT tv.
Esta semana estiven grabando coa xente de A Xoaninha, Eirado e Árbore e sairá unha reportaxe en breve polo que agradezo me informedes de como vai o voso proxecto para incluir esa información. Agradezovos que me mandedes un tlf voso para poder contactar
Grazas
Bocixa