As empresas ameazan aos concellos con seguir cultivando transxénicos Dezembro 12, 2008
Tres das localidades implicadas declaráronse zona libre destas plantacións,pero o Estado avísalles de que esta medida é “ilegal”.
Pouco importan as queixas dos concellos. As multinacionais biotecnolóxicas encargadas dos ensaios con millo modificado xeneticamente en Galicia non cambiarán os seus plans nos municipios nos que levan a cabo os seus experimentos, malia que algúns deles se declararon nos últimos meses Zonas Libres de Transxénicos (ZLT).
Pioneer e Monsanto, as dúas empresas que cultivan maínzo trans-xénico en nove concellos galegos, advirten de que é “ilegal” declararse libre destas plantacións e ameazan con continuar cos seus proxectos cando lles pete, xa que as autoridades locais “non teñen competencia neste asunto”. As multinacionais lembran que “en todo o Estado” é o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño “o que autoriza os ensaios” e a lexislación da Unión Europea “a que define o seu marco legal”. Nin a Xunta nin os concellos teñen competencias.
Como consumirmos de forma responsábel Dezembro 11, 2008
A Nosa Terra publicou a semana passada um interessante vídeo sobre consumo responsável. Poderedes observar que Eirado está bem representado!
http://www.anosaterra.org/nova/como-consumirmos-de-forma-responsabel-.html
ECOFESTA en Vilaboa Dezembro 10, 2008
O próximo sábado 13 de decembro, o Núcleo de Sostibilidade Integrado – Proder II Comarca de Pontevedra, organiza unha xornada lúdico-festiva no Pabillón de Deportes de Vilaboa (Toural).
Entre outras cousas haberá unha mostra divulgativa sobre consumo e medio ambiente, venta de produtos ecolóxicos e de comercio xusto, obradoiros variados,…
Xornadas de Consumo Consciente n’A Coruña Novembro 18, 2008
O grupo de consumo consciente Zocamiñoca da Coruña organiza as I Xornadas de Consumo Consciente. Tal e como el@s contam: “Levamos un tempo intentando impulsar unha iniciativa deste tipo na cidade herculina e agora organizamos unhas xornadas que terán lugar no Kiosko Alfonso os días 26, 28 e 29 de novembro. Nestas xornadas pretendemos presentarnos ante a sociedade e iniciar o proceso de constitución dunha cooperativa que teña como pilares o consumo responsábel e consciente. Para asistir non é necesaria preinscripción
Durante eses días estará con nós Eric Holtz, gran coñecedor do sistema mundial de produción de alimentos, proxectaremos unhas curtas e falaremos de cooperativismo e as súas posibilidades para conseguir unha alternativa de consumo que ligue o máis directamente posíbel as consumidoras coas produtoras, fomente a economía local e de cercanía, a xustiza social, a soberanía alimentaria, o eco-lóxico, etc.”
Eirado nas ‘Xornadas de promoción do cooperativismo’ da Xoaninha Novembro 15, 2008
A Xoaninha organiza os dias 19, 20 e 21 de Novembro no Ferrol umhas jornadas tituladas “Economía social, alternativa ao capitalismo”. Eirado participará o dia 20 às 19:00 horas conjuntamente com Árbore. Falaremos sobre “Experiencias galegas no cooperativismo de consumo”. Este é o programa:
Xornadas Promoción do Cooperativismo
ECONOMÍA SOCIAL, ALTERNATIVA AO CAPITALISMO
EMPREGO EN TEMPOS DE CRISE
Mércores 19
Participan: UGACOTA (Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado) BRIANTE, Asociación para a Economía Social (Narón)
Fórmulas cooperativas para todo tipo de proxectos
EXPERIENCIAS GALEGAS NO COOPERATIVISMO DE CONSUMO
Xoves 20
Participan: ÁRBORE, Cooperativa de Consumo Consciente (Vigo) EIRADO, Cooperativa de Consumidores Responsables (Compostela)
Presentación das iniciativas e da Rede Galega de Consumo Responsable
CONSUMO RESPONSABLE EN FERROLTERRA
Venres 21
Participan: A XOANIÑA, Cooperativa de Consumo Responsable (Ferrol)
Presente e futuro da Xoaniña, debate e presentación de proxectos






