Ingredientes:
- 1 kilo de castañas frescas
- 1 litro de caldo de ave
- 1/4 de nata líquida
- fiuncho fresco (hinojo), anís
Como facelo:
Facerlles unha raxa ás castañas e fervelas en auga con sal para logo pelalas. Despois de limpas, polas a cocer no caldo de ave xunto con dous plumeiros de fiuncho e unha cullerada de sementes de anís durante tempo suficiente a lume medio para que queden moi brandas, mínimo unha ou dúas horas.
Escoller as castañas máis grandes para adornar, retirar o fiuncho e as sementes de anís que se vexan, engadir a nata e pasar a sopa pola batidora. Se as castañas estaban ben frescas quedaranos unha crema suave e pouca espesa.
“Un prato que prestará calquer día de frío e que sentará ben a todos os bandullos”
