O produto caseiro é un patrimonio que non podemos perder, nin deixar que máis decisións das administracións llo entreguen ás industrias. Tamén é un recurso económico importante para moitas explotacións, sobre todo para as máis pequenas, que ademais maioritariamente están en mans de mulleres.
O Sindicato Labrego, o Colexio de Veterinarios da Coruña e a Fundación ACIVEGA organizan para o vindeiro venres 26 de Setembro en Compostela unha Xornada reivindicativa do produto caseiro. Ademais da xornada de información e debate haberá un mercado de produtos caseiros frescos e transformados.
Por qué esta xornada e este mercado agora?
A Consellaría do Medio Rural, está elaborando un Decreto co que pretende regular o produto caseiro. Dependendo de como sexan as normas que estableza este decreto, no futuro as explotacións poderán vender normalmente o seu produto caseiro ou perder definitivamente este dereito, como aconteceu no seu día coa augardente.
Para apuntarse está o teléfono 659 057 251.
Neste enlace podedes consultar o programa e máis información sobre a Xornada.
