QUE É? Ao abeiro do Programa “Cooperativismo de Consumo Consciente na Comarca de Pontevedra” organizado polo Concello de Pontevedra, o próximo 24 de Outubro a partir das 17 horas, celebrarase un taller coa cooperativa catalana de consumo de produtos ecobiolóxicos Germinal, co fin de coñecer a súa experiencia e tirar información que poida ser de utilidade para o proxecto de cooperativa deste tipo que se pretende crear na comarca de Pontevedra.
QUEN PODE VIR? A esta sesión están convocadas as persoas do grupo promotor do proxecto cooperativo da comarca de Pontevedra, sen prexuízo de que poidan asistir novos colectivos e persoas interesadas en tomar parte nesta iniciativa. Pretendese que neste taller as persoas asistentes participen de forma activa, co fin de fomentar o coñecemento mútuo e o dinamismo no desenvolvemento da actividade.
INFÓRMATE Para máis información sobre o Programa as persoas e colectivos interesados poderán contactar coa ADR PRODER II da Comarca de Pontevedra no teléfono 986 108 144 e na Federación de Cooperativas SINERXIA no teléfono 986 896 526.
