Eirado

Cooperativa de consumo responsábel, Santiago de Compostela

Nova web de Eirado: em obras! Janeiro 8, 2009

Filed under: Info Eirado — cooperativaeirado @ 4:36 pm

A cooperativa Eirado tem o prazer de anunciar que derom começo os trabalhos para a construçom da nova página web:

http://eirado.org

Como poderedes observar estamos em obras!! Pouco a pouco iremos enchendo os ocos e este blogue ficará integrado nessa página. Mas… a modinho! Qualquer achega/sugestom/conselho serám agradecidas, assim como devemos agradecer o esforço de um dos sócios da cooperativa, Dani, que é quem está a investir a maior parte do tempo e do trabalho necessários para a criaçom do nosso novo espaço cooperativo.

Anúncios
 

Admisión de nov@s Soci@s Agosto 13, 2008

Filed under: Info Eirado — cooperativaeirado @ 12:37 pm
Tags: , , , ,

Nestes documentos podedes informarvos sobre o protocolo de admision de nov@s soci@s, e descargar a solicitude de admisión. O prazo para facer a solicitude a a partires de agora xa, seguindo as instrucións que se achegan. Podedes consultar tamén os estatutos da Cooperativa, que se achegan aquí.

 

PEDIDO Abril 2008 Abril 14, 2008

Filed under: Info Eirado — cooperativaeirado @ 8:03 pm
Tags: , ,

Por fin chegou o momento en que Eirado comezar a facer pedidos en serio!!! 🙂 En breve chegará o pan, os iogures, o leite, os legumes e as cestas de fresco.

Comecemos polo PAN: Para ver cal nos gusta máis temos a intención de ir probando pan de diferentes panaderías. Polo tanto, facemos agora un pedido único do da panadería Divina de Santiago.

Sigamos pola PASTA e os LEGUMES: O obxectivo é facer pedidos trimestrais de produtos “secos” coma estes. Os prezos destes produtos, xunto cos do pan, cestas de fresco e lácteos, os podedes atopar na folla de pedidos que se enviou a cada soci@.

Os IOGURES, o LEITE e as CESTAS DE FRESCO vanse traer cada dúas semanas.

arte vexetal

 

Eirado… en construción! Fevereiro 12, 2008

Filed under: Info Eirado — cooperativaeirado @ 3:39 pm
Tags: ,

Boas! Esté é o blogue da cooperativa de consumo responsábel Eirado. Estamos aínda a construílo, pouco a pouco irá gañando contido.

Se queres contactar con nós podes enviar un correo electrónico a cooperativaeirado@gmail.com ou a produtoraseirado@gmail.com se o que queres é ofrecer os teus produtos…