Eirado

Cooperativa de consumo responsábel, Santiago de Compostela

SOPA DE CASTAÑAS Novembro 13, 2008

Filed under: Receitas — cooperativaeirado @ 11:25 pm

  Ingredientes:castana2

  • 1 kilo de castañas frescas
  • 1 litro de caldo de ave
  • 1/4 de nata líquida
  • fiuncho fresco (hinojo), anís

  Como facelo:

Facerlles unha raxa ás castañas e fervelas en auga con sal para logo pelalas. Despois de limpas, polas a cocer no caldo de ave xunto con dous plumeiros de fiuncho e unha cullerada de sementes de anís durante tempo suficiente a lume medio para que queden moi brandas, mínimo unha ou dúas horas.

Escoller as castañas máis grandes para adornar, retirar o fiuncho e as sementes de anís que se vexan, engadir a nata e pasar a sopa pola batidora. Se as castañas estaban ben frescas quedaranos unha crema suave e pouca espesa.

 

“Un prato que prestará calquer día de frío e que sentará ben a todos os bandullos”

Anúncios
 

ENSALADA DE FOLLAS DE REMOLACHA Julho 31, 2008

Filed under: Receitas — cooperativaeirado @ 1:27 pm
Tags:

Ingredientes

-Un atado de follas de remolacha

-3 dentes de allo

-2 culleradas de xerme de trigo

-3 ovos

-3 cenouras

-2 follas de loureiro

-10 olivas verdes

-Aceite de oliva

-Sal e pementa ao gusto

-Ourego ao gusto

Como facelo

Lavar ben as follas de remolacha e cociñalas ao vapor. Unha vez se poñan murchas retirar e deixar escorrer nun colador.

Pór nunha cacerola 3 culleradas de aceite de oliva xunto cos dentes de allo pelados e picados. Pór no lume e engadir despois as follas de remolacha escurridas e picadas en anacos grandes. Cociñar uns poucos minutos remexendo seguido para que collan sabor do allo e evapore a humidade da verdura. Engadir o xerme de trigo e o ourego. Retirar do lume e condimentar con sal e pementa.

Unha vez limpas as cenouras cortalas en bastóns, poñelas a cocer xunto cos ovos e o loureiro.

Presentar a ensalada mesturando o ovo cortado en cuartos, as olivas, a cenoura e as follas de remolacha. Botarlle o aceite de oliva e servir.

“Recomendável como prato principal ben fresquiño ou ben como acompañamento doutro prato principal.”

 

BATIDO DE PERA Julho 11, 2008

Filed under: Receitas — cooperativaeirado @ 8:22 am
Tags:

Ingredientes:

– 750 cl de leite de soia

– ½ kg de peras de auga ou outras que nos gusten

– leite de améndoas

Como facelo:

Nunha batidora mesturar a leite de soia coas peras peladas, cortadas e descorazonadas, xunto con unha ou dúas culleradas sopeiras de leite de améndoas, según o gusto. Triturar ben e servir frío.

“ Unha sobremesa moi doada e sorprendentemente saborosa”

 

ENSALADA DE CUSCÚS CON MOLLO DE HERBABOA

Filed under: Receitas — cooperativaeirado @ 8:21 am
Tags:

Ingredientes:

– 400g de cuscús

– Un cogombro.

– 50g de olivas verdes

– 50g de uvas pasas

– 1 cebola mediana

– 2 tomates

– mollo de soia

– Sal

Para o mollo de herbaboa:

100g de herbaboa fresca

1 dente de allo

½ cebola pequena

20 cl de zumo de laranxa natural

4 culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe de 0,2º de acidez

Sal ao gusto

Como facelo:

Botar todos os ingredientes do mollo de herbaboa e trituralos coa batidora ata acadar unha mezcla líquida. Se a queremos máis suave pódese engadir 2 culleradas de aceite de xirasol e oito pasas.

Nunha ola, poñer un litro de auga a ferver con sal, un pouco de aceite de oliva virxe e unha cullerada sopeira de mollo de soia. Ao tempo, nun recipente valeiro botar o cuscús. Cando ferva a auga botala enriba do cuscús ata que o cubra un cm máis ou menos. Tapalo e deixar repousar entre oito e dez minutos para que absorba a auga. Logo cun garfo desfacer os grumos e deixar enfríar.

Lavar o cogombro, a cebola e os tomates e cortalos en anacos. Mesturar co cuscús e engadir as olivas e as pasas. Adobar co mollo de herbaboa ao gusto.

“Un xeito rico e fresco de preparar o cuscús. O mollo de herbaboa… inolvidábel.”