Eirado

Cooperativa de consumo responsábel, Santiago de Compostela

ECOFESTA en Vilaboa Dezembro 10, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 8:41 am
Tags:

O próximo sábado 13 de decembro, o Núcleo de Sostibilidade Integrado – Proder II Comarca de Pontevedra, organiza unha xornada lúdico-festiva no Pabillón de Deportes de Vilaboa (Toural).

Entre outras cousas haberá unha mostra divulgativa sobre consumo e medio ambiente, venta de produtos ecolóxicos e de comercio xusto, obradoiros variados,…

tmpb9e8tmp001

Anúncios
 

Foro Social Galego Dezembro 2, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 10:15 am
Tags: ,

Os dias 5,6 e 7 de Dezembro celebra-se o interessantíssimo Foro Social Galego em Santiago de Compostela! A cooperativa Eirado está representada a través da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel. Falará Manolo Garrido (socio de Árbore-Vigo) em representaçom de toda a Rede na charla “CONSUMO RESPONSÁBEL: CONSTRUÍNDO ALTERNATIVAS DESDE GALIZA” o sábado às 16:30 horas na Aula 7 da Faculdade de Filologia, acompanhará a: Xan Duro (Verdegaia), Xosé María García Villaverde (VSF), Nanda Couñago (Amarante) e Miguel Quinteiro Nuñez (Grupo promotor do proxecto de banca etica de Gz).

Consultade bem a programaçom, hai muuitas cousas interessantes!

cartazfsgaldef1

 

Charlas com Eric Hotlz Novembro 22, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 1:30 pm
Tags: , , ,

cartaz-eric-holt

 

26N: GALIZA LIBRE DE TRANSXÉNICOS

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 12:52 pm
Tags: , , ,

26n-galiza-libre-de-transxenicos1

 

A história das cousas

Filed under: Formación — cooperativaeirado @ 12:13 pm
Tags: , ,

Para quem nom o conheça, apresentamos-vos um vídeo mui interessante e pedagógico, ainda que centrado nos Estados Unidos a maior parte do que se conta é válido para nós: The Story of Stuff [legendado em espanhol] dividido em três partes:

1ª Parte 2ª Parte 3ª Parte

 

Xornadas de Consumo Consciente n’A Coruña Novembro 18, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 11:24 am
Tags: , , ,

O grupo de consumo consciente Zocamiñoca da Coruña organiza as I Xornadas de Consumo Consciente. Tal e como el@s contam:  “Levamos un tempo intentando impulsar unha iniciativa deste tipo na cidade herculina e agora organizamos unhas xornadas que terán lugar no Kiosko Alfonso os días 26, 28 e 29 de novembro. Nestas xornadas pretendemos presentarnos ante a sociedade e iniciar o proceso de constitución dunha cooperativa que teña como pilares o consumo responsábel e consciente. Para asistir non é necesaria preinscripción

Durante eses días estará con nós Eric Holtz, gran coñecedor do sistema mundial de produción de alimentos, proxectaremos unhas curtas e falaremos de cooperativismo e as súas posibilidades para conseguir unha alternativa de consumo que ligue o máis directamente posíbel as consumidoras coas produtoras, fomente a economía local e de cercanía, a xustiza social, a soberanía alimentaria, o eco-lóxico, etc.”

zocacartel

 

Eirado nas ‘Xornadas de promoción do cooperativismo’ da Xoaninha Novembro 15, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 5:11 pm
Tags: , ,

A Xoaninha organiza os dias 19, 20 e 21 de Novembro no Ferrol umhas jornadas tituladas “Economía social, alternativa ao capitalismo”. Eirado participará o dia 20 às 19:00 horas conjuntamente com Árbore. Falaremos sobre “Experiencias galegas no cooperativismo de consumo”. Este é o programa:

Xornadas Promoción do Cooperativismo

ECONOMÍA SOCIAL, ALTERNATIVA AO CAPITALISMO

Lugar: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204. – HORA: 19:00H –


EMPREGO EN TEMPOS DE CRISE

Mércores 19

Participan: UGACOTA (Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado) BRIANTE, Asociación para a Economía Social (Narón)

Fórmulas cooperativas para todo tipo de proxectos

EXPERIENCIAS GALEGAS NO COOPERATIVISMO DE CONSUMO

Xoves 20

Participan: ÁRBORE, Cooperativa de Consumo Consciente (Vigo) EIRADO, Cooperativa de Consumidores Responsables (Compostela)

Presentación das iniciativas e da Rede Galega de Consumo Responsable

CONSUMO RESPONSABLE EN FERROLTERRA

Venres 21

Participan: A XOANIÑA, Cooperativa de Consumo Responsable (Ferrol)

Presente e futuro da Xoaniña, debate e presentación de proxectos