Eirado

Cooperativa de consumo responsábel, Santiago de Compostela

BioCultura en Madrid Outubro 9, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 3:27 pm
Tags: ,

BioCultura, Feira de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable
 
Entre o 30 de outubro e o 2 de novembro vaise celebrar, en Madrid, a 24ª edición de Biocultura. Nesta Feira poderemos atopar máis de 14.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica. Ademáis están outros sectores, que nos axudarán a levar na nosa cotidianidade unha vida máis sana, forman un amplio abanico de produtos e servicios: Produtos naturais para a hixiene e a cosmética; materiais para a bioconstrucción; enerxías renovables; mobles e decoración para a vivenda e lugares de traballo saudables; terapias e medicinas complementarias; aforro e reciclaxe; cáñamo industrial; ecoloxía; medio ambente; turismo rural e casas de reposo; xoguetes; artesanías; música; libros e revistas.
 
Mais información: www.biocultura.org

Anúncios