Eirado

Cooperativa de consumo responsábel, Santiago de Compostela

Taller GERMINAL en Pontevedra Outubro 23, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 11:46 am
Tags: , ,

QUE É? Ao abeiro do Programa “Cooperativismo de Consumo Consciente na Comarca de Pontevedra” organizado polo Concello de Pontevedra, o próximo 24 de Outubro  a partir das 17 horas, celebrarase un taller coa cooperativa catalana de consumo de produtos ecobiolóxicos Germinal, co fin de coñecer a súa experiencia e tirar información que poida ser de utilidade para o proxecto de cooperativa deste tipo que se pretende crear na comarca de Pontevedra.

QUEN PODE VIR? A esta sesión están convocadas as persoas do grupo promotor do proxecto cooperativo da comarca de Pontevedra, sen prexuízo de que poidan asistir novos colectivos e persoas interesadas en tomar parte nesta iniciativa. Pretendese que neste taller as persoas asistentes participen de forma activa, co fin de fomentar o coñecemento mútuo e o dinamismo no desenvolvemento da actividade.

INFÓRMATE Para máis información sobre o Programa as persoas e colectivos interesados poderán contactar coa ADR PRODER II da Comarca de Pontevedra no teléfono 986 108 144 e na Federación de Cooperativas SINERXIA no teléfono 986 896 526.

Anúncios
 

Coñecer ao produtor, coñecer ao consumidor Outubro 10, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 4:19 pm
Tags: , , ,

“Coñecendo as caras de quen produce os alimentos que comemos – Coñecendo as caras de quen come os alimentos que producimos” é o título da xornada que se celebra o 17 de outubro en Teo (A Coruña) para explicar as novas formas de relación entre @s productor@s de alimentos e @s cidadáns que os comen. En todos os lados houbo, en diferentes momentos, unha perda da relación entre labregos/as e cidadáns que compran a comida, e ao mesmo tempo un aumento do proceso industrial dos alimentos. Aparece a inseguridade alimentaria (vacas tolas, tranxenicos, dioxinas,…) e un abuso de pesticidas, químicos, hormonas, funxicidas. Como reacción, moitas persoas que non queren ser consumidoras pasivas, únense para rescatar o sabor dos alimentos naqueles países que xa os perderan. Ven coñecer a experiencia das AMAP en Francia – a Asociation pour le Manintien d´une agriculture Paysanne.

Para máis información (horario, lugar, etc.), podedes consultar este pdf, ou chamar ao 981 55 41 47.

Xornada organizada polo Sindicato Labrego Galego.

 

Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro Setembro 19, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 10:08 am
Tags: , ,

O produto caseiro é un patrimonio que non podemos perder, nin deixar que máis decisións das administracións llo entreguen ás industrias. Tamén é un recurso económico importante para moitas explotacións, sobre todo para as máis pequenas, que ademais maioritariamente están en mans de mulleres.

O Sindicato Labrego, o Colexio de Veterinarios da Coruña e a Fundación ACIVEGA organizan para o vindeiro venres 26 de Setembro en Compostela unha Xornada reivindicativa do produto caseiro. Ademais da xornada de información e debate haberá un mercado de produtos caseiros frescos e transformados.

Por qué esta xornada e este mercado agora?
A Consellaría do Medio Rural, está elaborando un Decreto co que pretende regular o produto caseiro. Dependendo de como sexan as normas que estableza este decreto, no futuro as explotacións poderán vender normalmente o seu produto caseiro ou perder definitivamente este dereito, como aconteceu no seu día coa augardente.

Para apuntarse está o teléfono 659 057 251.

Neste enlace podedes consultar o programa e máis información sobre a Xornada.