Eirado

Cooperativa de consumo responsábel, Santiago de Compostela

Xornadas de Consumo Consciente n’A Coruña Novembro 18, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 11:24 am
Tags: , , ,

O grupo de consumo consciente Zocamiñoca da Coruña organiza as I Xornadas de Consumo Consciente. Tal e como el@s contam:  “Levamos un tempo intentando impulsar unha iniciativa deste tipo na cidade herculina e agora organizamos unhas xornadas que terán lugar no Kiosko Alfonso os días 26, 28 e 29 de novembro. Nestas xornadas pretendemos presentarnos ante a sociedade e iniciar o proceso de constitución dunha cooperativa que teña como pilares o consumo responsábel e consciente. Para asistir non é necesaria preinscripción

Durante eses días estará con nós Eric Holtz, gran coñecedor do sistema mundial de produción de alimentos, proxectaremos unhas curtas e falaremos de cooperativismo e as súas posibilidades para conseguir unha alternativa de consumo que ligue o máis directamente posíbel as consumidoras coas produtoras, fomente a economía local e de cercanía, a xustiza social, a soberanía alimentaria, o eco-lóxico, etc.”

zocacartel

Anúncios
 

Eirado nas ‘Xornadas de promoción do cooperativismo’ da Xoaninha Novembro 15, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 5:11 pm
Tags: , ,

A Xoaninha organiza os dias 19, 20 e 21 de Novembro no Ferrol umhas jornadas tituladas “Economía social, alternativa ao capitalismo”. Eirado participará o dia 20 às 19:00 horas conjuntamente com Árbore. Falaremos sobre “Experiencias galegas no cooperativismo de consumo”. Este é o programa:

Xornadas Promoción do Cooperativismo

ECONOMÍA SOCIAL, ALTERNATIVA AO CAPITALISMO

Lugar: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204. – HORA: 19:00H –


EMPREGO EN TEMPOS DE CRISE

Mércores 19

Participan: UGACOTA (Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado) BRIANTE, Asociación para a Economía Social (Narón)

Fórmulas cooperativas para todo tipo de proxectos

EXPERIENCIAS GALEGAS NO COOPERATIVISMO DE CONSUMO

Xoves 20

Participan: ÁRBORE, Cooperativa de Consumo Consciente (Vigo) EIRADO, Cooperativa de Consumidores Responsables (Compostela)

Presentación das iniciativas e da Rede Galega de Consumo Responsable

CONSUMO RESPONSABLE EN FERROLTERRA

Venres 21

Participan: A XOANIÑA, Cooperativa de Consumo Responsable (Ferrol)

Presente e futuro da Xoaniña, debate e presentación de proxectos

 

Xornadas sobre redución da FEG Novembro 3, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 11:09 am
Tags: , ,

A Federación Ecoloxista Galega organiza este fin de semana unhas xornadas moi interesantes sobre redución.  Coas súas palabras:

‘Con estas Xornadas queremos debater e falar encol da Redución, o primeiro dos 3 R, e que, aínda que aparece en todas as leis e plans de xestión de residuos, remata por ser a esquecida.


Contaremos con poñencias mais teóricas, onde falaremos sobre a ética da redución, o efecto da publicidade sobre o consumismo e a xeración de residuos, o traballo que se ten feito (ou non) sobre redución desde a educación ambiental, aspectos económicos…


Completaremos este apartado cunhas comunicacións sobre experiencias ou iniciativas na redución, nas que participará unha representante da Fundació Catalana per a la Prevenció dels Residus i el Consum e tamén representantes de diversos colectivos e administracións de Galiza. Fica pendente a confirmación dalgún colectivo de Portugal.(…)

Para inscribirse abonda con enviar un correo electrónico a: feg@federacionecoloxista.org facendo constar os datos personais e un número de contacto.

Hai unha cuota de inscripción de 5€ para socias/os das grupos da feg, e de 10€ para os resto de asistentes, a ingresar na conta da feg (caixa nova) 2080 0492 69 0040104336 ate o día de inicio das xornadas. Importante. ao facer o ingreso fai constar o teu nome e o concepto “Xornadas de redución”‘

Animádevos!

 

II Xornadas da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” | Festa do Outono Novembro 2, 2008

Filed under: Novas — cooperativaeirado @ 12:08 pm
Tags: , ,

Os días 7, 8 e 9 celébranse en Allariz as II Xornadas da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”.

Premede aquí para consultar o programa.

Na mesma fin de semana tamén hai unha feira de Outono organizada polo Concello de Allariz coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Allariz, que ten como obxectivos a Promoción, Potenciación e Valorización dos produtos agrarios do outono, tanto locais como comarcais: cogumelos, mel, castañas, noces, embutidos e pan artesanal, así como os seus derivados. Premede aquí para obter máis información.