Por fin chegou o momento en que Eirado comezar a facer pedidos en serio!!! 🙂 En breve chegará o pan, os iogures, o leite, os legumes e as cestas de fresco.
Comecemos polo PAN: Para ver cal nos gusta máis temos a intención de ir probando pan de diferentes panaderías. Polo tanto, facemos agora un pedido único do da panadería Divina de Santiago.
Sigamos pola PASTA e os LEGUMES: O obxectivo é facer pedidos trimestrais de produtos secos coma estes. Os prezos destes produtos, xunto cos do pan, cestas de fresco e lácteos, os podedes atopar na folla de pedidos que se enviou a cada soci@.
Os IOGURES, o LEITE e as CESTAS DE FRESCO vanse traer cada dúas semanas.